Saturday 04 de May de 2024

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas de Tasaraño


· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño.

O Concello de Camariñas dará comezo este mércores, 24 de abril, os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas de Tasaraño, na parroquia de Xaviña. Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño.

Este proxecto, comprendido no Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024, pretende optimizar este camiño realizando tarefas de ampliación, roza e limpeza de gabias na marxe esquerda. Instalarse tamén unha rede de tubaxes para os sumidoiros, que servirán para a recollida e evacuación das augas pluviais.

Unha vez rematados estes traballos procederase á instalación dunha rigola prefabricada de formigón, ao longo do camiño, para separar a capa de rodaxe para o tránsito de vehículos da zona ampliada. Unha parte do mesmo destinarase aos peóns.

Pintaranse as marcas viais correspondentes con pintura blanca reflectante, así como unha baranda metálica de protección. Desde o Concello lamentamos as posibles molestias que esta intervención poida ocasionar á veciñanza.

Deja un comentario